Ribadeo, 7 de agosto, 2019. Por segundo ano están instalados nos Bloques uns inchables de pago financiados con cartos públicos por valor de 60.000 euros a fondo perdido, dun diñeiro da Comunidade Europea para promocionar as rexions pesqueiras ou costeiras.
Por segundo ano o goberno municipal do BNG non ten nada que dicir da ocupación dunha parcela do mar de todos, na única praia urbana de Ribadeo, no mellor recuncho para a natación protexido do nordés.
Non sabemos que pasaría se outras empresas semellantes, xeradoras de riqueza e moitos postos de traballo como esta, solicitaran instalarse tamén no mesmo recuncho a Portos de Galicia que depende do Goberno do PP e ten unha grande preocupación polo coidado da nosa Ría.
Supoñemos que Portos lles cobrará unha cota por eslora e manga dos inchables como ás embarcacións do Náutico e que estará atendido por persoal debidamente acreditado e titulado.
O goberno municipal do BNG esconde a cabeza unha vez máis, esta vez debaixo das ás dun pato, igual que co acceso a illa Pancha ou coa praga dos mosquitos. A ocupación comercial do espazo público de todos, como sempre que hai problemas, non é competencia do Concello, mais o asunto do Galeón si, que eso sae nos xornais.