Xove, 7 de agosto, 2019. Continúan as actividades do Programa Verán Xove.
Pádel no verán.- Curso de iniciación a este deporte. Prolongarse ata o 16 de agosto. Estase desenvolvendo na Pista de Pádel Municipal, anexa á Piscina, e conta con 18 nenos e rapaces inscritos.
Zumba.- Desenvólvese os martes e xoves, en horario de 10:30 a 11:30 h, na Aula Multideportiva do Concello. Desenvolverase ata o 13 de agosto. Conta con 21 inscritos.
Ruta Sendeirismo “As Perseidas”.- Desenvolverase o luns 12 de agosto, organizada pola ACD Xove. Inscripcións na Piscina Municipal ou ben no 618 976 159. Prazo ata o 9 de agosto.
Ruta noctura en kayaks.- Desenvolverase o martes 13 de agosto no Portiño de Morás a partires das 22:00 horas. A inscrición realizarase no lugar da actividade unha hora antes do comezo. Actividade para idades a partir de 8 anos.