Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da Subdelegación do Goberno respecto das competencias de tráfico en Cervo

Lugo, 2 de agosto de 2019.- En relación coa noticia difundida nos medios de comunicación da comarca da Mariña sobre unha suposta cesión das competencias de tráfico da Policía Local de Cervo á Garda Civil ao remate do verán, a Subdelegación do Goberno vese na obriga de facer as seguintes precisións:

1.- Ese asunto non figurou na orde do día da Xunta Local de Seguridade celebrada no día de onte na Casa do Concello de Cervo, entre outras cousas porque tal organismo non ten competencia ningunha para tomar decisións ao respecto.

Os asuntos incluídos na orde do día da xuntanza ordinaria da Xunta Local de Seguridade celebrada este xoves, 1 de agosto, ás 11 horas, no Concello foron, tal como se informou á opinión pública na nota de prensa difundida trala sesión pola Subdelegación do Goberno, o análise da situación da seguridade cidadá, os dispositivos de seguridade con motivo das festas e os plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade.

2.- O alcalde de Cervo manifestou, no apartado de rogos e preguntas, o seu interese en que a Garda Civil asuma as competencias en materia de tráfico que lle corresponden por lei á Policía Local, como xa fixera nunha xuntanza que mantivo o rexedor municipal co xefe provincial de Tráfico na véspera da xuntanza da Xunta Local de Seguridade, o día 31 de xullo.

3.- Non hai ningunha decisión tomada respecto da posible cesión de competencias en materia de tráfico da Policía Local á Garda Civil en Cervo.

4.- O Concello de Cervo nin siquera plantexou ata o de agora esa posibilidade por escrito, como obriga o procedemento legalmente establecido, requisito que é imprescindible para a adopción de calquera decisión nunha administración pública, tal como lle explicou o xefe provincial de Tráfico ao alcalde na entrevista que mantiveron o pasado

5.- Cando o Concello presente a solicitude, como de seguro fará, seguindo o procedemento que é de obrigado cumprimento, a Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil estudarán esa posibilidade, que cómpre lembrar xa intentou sen éxito no seu día, no ano 2016, co anterior Goberno de España.

Exit mobile version