A semana pasada desamarramos iniciando os concertos patrocinados polo Centro Comercial Aberto de Burela (CCA Burela) que serán os xoves (ás 21:00h) e domingos (ás 13:00h). Desde o mércores 14 ao sábado 17 de agosto veñen os días máis fortes e con máis carga de concertos. En esta VI edición contamos con 25 actuacións, das cales 21 son galegas e seguimos apostando por moitas bandas emerxentes de diferentes estilos (adxuntamos a programación e o cartaz). É complicado destacar a algunha das bandas que este ano tocarán pero poderíamos nomear a Carolina Durante, Los Vinagres, Monoulious Dop, Ortiga ou Thee Blind Crows.
Desde a Asociación Cultural Fanto Fantini queremos recordar que o Osa do Mar é un festival de música sen ningún ánimo de lucro. O obxectivo é dinamizar a oferta cultural na Mariña de Lugo e ofrecer música de diferentes estilos en directo. Damos as grazas a todas as empresas e institucións colaboradoras grazas ás cales se pode organizar o Festival, destando a: Concello de Burela (Delegación de Turismo e Deportes), Deputación de Lugo, Mahou, CCA Burela, os locais de hostelería participantes e Gadis.
Formato
Ser pequenos e flexíbeis ten algunhas vantaxes. O ano pasado pareceunos ben darlle unha voltiña ao festival e a verdade que quedamos mui contentos co resultado e coa resposta da xente. Sobre 3.000 persoas asistiron aos concertos de 2018 e esperamos que este número se aumente considerábelmente este ano. Volvemos a programar todos os concertos no centro de Burela e todos son gratuitos. De esta forma intentamos involucrar a máis negocios locais e facer máis cómodo para todas as capas da sociedade acceder ás nosas propostas.
Ademáis dos concertos en colaboración co CCA Burela durante todo agosto este 2019 temos como novidades temos:
·A colaboración dos pubs do Campón (Warhol, Ipub, Metro e Mia Disko) para facer unhas after-party despois dos concertos do mércores 14, venres 16 e sábado 17 no Mia Disko con DJ´s.
·Habilítase a zona de acampada (a mesma dos primeiros anos na Marosa) con acceso aos baños e duchas do campo de fútbol da Marosa.