A cita foi presentada na Praza do Souto polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.
Os actos arricarán ás 10:00 horas, coa apertura do XXIII Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo de gaitas Medio Quinhón.
Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.
Entre as 12:00 e as 16:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.
Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas será a agardada Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo de Sintrom ni Son, A Compañía do Ruído, The Tetas´ Van e Malditos Pendejos.
Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.
A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.