Site icon Crónica3.com A Mariña

CCA Burela pecha a temporada de concertos tras sete actuacións en directo

 Burela, 30 de agosto, 2019. CCA Burela pechou o pasado xoves 29 a colaboración co festival Osa do Mar 2019 co concerto de The Wireless en Casa Miranda. Esta actuación uniuse ás de Breaking’ Bones, Forget la Fance!!, Laura Lamontagne, School, SoulMacklein e The Old Project que se interpretaron no Hotel Nordés, A Marquesa, A Casa da Avoa, Cervecería Kiko e Hotel Sargo.
Durante o mes de agosto estas bandas actuaron nas noites dos xoves, desde as 21.30 horas e os mediodías dos domingos, comezando ás 13.30 horas e cos que ofreceron unha alternativa cultural en momentos de menos afluencia de público.
Estes directos supuxeron un éxito enorme grazas tanto á calidade das bandas participantes como á acollida de xente que desfrutou destes concertos nun entorno moi agradable.
Esta foi a primeira vez que a asociación de comerciantes local colabora có festival Osa do Mar pero agardan que non sexa a derradeira, xa que esta iniciativa serviu par achegarse máis aos melómanos burelenses. Desde CCA Burela queren agradecer a Fanto Fantini, a asociación que organiza Osa do Mar por esta fantástica iniciativa como ao Concello de Burela, porque sen a súa colaboración non sería posible a actividade e lembran que este tipo de iniciativas son fundamentais para o movemento cultural do municipio e son accións que permiten seguir medrando xuntos.

Exit mobile version