Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras do Centro Gaia, do Concello de Burela, realizaron este venres un paseo por camiños costeiros

 Burela, 10 de agosto, 2019. As monitoras do Centro Gaia, do Concello de Burela, realizaron hoxe un paseo por camiños costeiros desde onde se pode contemplar o mar e que discorren polo Sendeiro Azul, entre a zona da praia A Marosa e a praia de O Portelo, descubrindo desde outra perspectiva o encanto das súas preciosas paisaxes.

Neste traxecto estiveron acompañad@s por socios pertencentes á asociación Pasada das Cabras que “nos explicaron e ensinaron as coñecidas Tetas da Vinculeira, que algúns arqueólogos consideran torres monumentais que sinalan a entrada á fortificación castrexa e onde se atopou a peza máis importante da ourivaría mariñá, o Torques de Burela”, sinalaron as monitoras.

Desde Gaia e desde a Concellería de Medio Ambiente engaden que “con esta actividade preténdese que os máis pequenos desenvolvan actitudes de respecto polos espazos naturais, favorecer a actividade grupal e coñecer a historia de Burela”.

Exit mobile version