Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta iniciou as obras para acondicionar a travesía de Alfoz e outros treitos da LU-160, cun orzamento de 180.000 euros

Alfoz, 5 de agosto de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da comezo hoxe ás obras de mellora da travesía de Alfoz (A Seara) e outros treitos da estrada LU-160 no seu percorrido entre Adelán, neste mesmo concello, e Ferreira do Valadouro, que contan cun orzamento de 180.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou de que a actuación comprenderá entre o punto quilométrico 14 e o 19, e afecta aos concellos de Alfoz e do Valadouro. Na travesía de Alfoz a actuación será completa e incluirá a extensión dunha nova capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente en toda a lonxitude (1,1 quilómetros).

Noutros puntos do percorrido entre Adelán e Ferreira do Valadouro realizaranse fresados localizados alí onde o firme se atope máis deteriorado coa reposición posterior da calzada con mestura bituminosa a carril completo.

Está previsto que as obras neste treito se prolonguen durante aproximadamente unha semana, en función das condicións meteorolóxicas.

Exit mobile version