Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta confirma que volven a ser aptas para o baño as praias ribadenses de O Cargadoiro e Os Bloques

 Ribadeo, 30 de agosto, 2019. O resultado das analíticas encargadas pola Consellería de Sanidade confirman que as praias de Os Bloques e O Cargadoiro, no termo municipal de Ribadeo, son aptas para o baño, feito que veñen de comunicar desde a Xunta ao Concello para que levante a recomendación que desaconsellaba o baño.

O peche dos areais, adoptouse como medida de precaución, logo de que o pasado domingo tivera lugar o vertido de miles de litros de xurro, orixinado nunha explotación gandeira de Vegadeo e que chegou ás augas bañadas pola ría de Ribadeo a través do Eo, xa moi diluído.

A Xunta de Galicia, para máis seguridade e tranquilidade, encargou mostraxes no resto dos areais do municipio, e os resultados avalan a calidade da auga na totalidade das praias, que son na súa integridade aptas para o baño.

Nos espazos galegos non se apreciou tampouco mortaldade de flora e fauna, nin afección á produción marisqueira.

Exit mobile version