O delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta colaboración corresponde á liña de subvencións que a Consellería de Cultura e Turismo dirixe ás festas declaradas de Interese Turístico Galego.
A cita combina manifestacións de tipo cultural, lúdico, folclórico, artístico e gastronómico. As actividades programadas comezan hoxe e prolongaranse ata o vindeiro mércores, 28 de agosto.
Balseiro indicou que a achega concedida duplicou a que lle correspondeu á romaría en edicións anteriores. A través desta colaboración, a Xunta apoia os gastos de organización, así como a posta en marcha dunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, unha iniciativa que é común ao resto das citas festivas de interese turístico que apoia a Administración galega.