A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, Mayra García, participou este venres xunto ao Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, nos actos da IX Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica de Foz. Mayra García subliñou que a Deputación contribúe a dinamizar esta festa de recreación histórica, que impulsa o turismo no Concello de Foz e na costa lucense, levando a través do Centro de Artesanía e Deseño unha demostración de forxa do artesán Víctor Uríz. A lectura do pregón foi realizado pola presentadora Belinda Washington na área recreativa do Bispo Santo, onde tamén tivo lugar unha representaron teatral da Lenda de San Gonzalo. A IX Festa Normanda de Foz continuará ata o domingo con diversas actividades de animación.
A IX Festa Normanda de Foz impulsa o turismo na Mariña
A IX Festa Normanda de Foz impulsa o turismo na Mariña
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela