Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lembra que está en disposción de licitar a obra de ampliación e mellora das liñas de tratamento da estación depuradora de Viveiro, paso que podería dar este mes, só á espera de que o Concello complete a documentación requirida o pasado mes de maio e aínda pendente.

O Goberno galego explica que considera unha prioridade impulsar as obras que contribúan ao saneamento da ría todo iso a pesar de que se trata dunha competencia exclusiva municipal. De feito, a administración autonómica ten reservados máis de sete millóns de euros para financiar as traballos de ampliación da nova EDAR e a de reposición do emisario de augas residuais.

Exit mobile version