Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Cultura, Educación e Xuventude de Burela organiza un curso de realidade virtual que se celebrará a última semana deste mes de agosto. O prazo de inscrición remata o día 23

Esta actividade está dirixida a persoas con idades entre 12 e 35 anos, e terá unha duración de seis horas. As prazas son limitadas e o número máximo será de 14 persoas. Os interesad@s poden anotarse na Casa da Xuventude de Burela ou no número de teléfono 982 581 141. A inscrición é gratuíta. O concelleiro de Xuventude en Burela, José Díaz, anima aos interesados a participar nesta actividade e lembra que xa poden formalizar a inscrición desde hoxe ata o día 23 deste mes.

Exit mobile version