Tamén, na Delegación Local da AECC de Foz, temos que pensar que detrás de esas dez mesas solidarias, con unha recadación que supera os 6.800 euros, estaban ese cento de voluntarios, veciños de varios barrios a rúas, ademais de colaboradores que non lles importou sacrificar o seu tempo de lecer para representar a AECC e demostrar que o marxe da climatoloxía o esforzo merece a pena.
Por primeira vez as comparsas de entroido AS FARANGULLAS, AS TROULEIRAS, SIN XEITO, MALO SERÁ, TAS QUE PIAS, TERAPIA DE GRUPO E VANCHE GALANAS deron un impulso xuvenil na asociación local que nos desbordou todas as previsións, que entendiamos acertadas, o que nos obriga a recoñecerlles especialmente o seu bo traballo.
Dende a Delegación Local da Asociación Española Contra o Cancro queremos mostrarlles a todos o noso agradecemento por dar a cara con nos e axudar a que ningún enfermo de cancro se sinta só.