Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda Municipal de Música de Ribadeo tocou dez pasodobres bailables, seis deles por primeira vez, no concerto churrascada celebrado na tarde noite do sábado na área recreativa ao aire libre de Cabanela,

A Banda de Ribadeo interpretou De Granada a Daimiel, Carrascosa, En er mundo, Tres veces guapa, Marcial, El gato montés, Paquito chocolatero, No te vayas de Navarra, Campanera e Martiñika. A entrada ao escenario desde o paseo marítimo fixérona tocando a peza Banda Galega. O churrasco foi feito na propia área recreativa de Cabanela por membros da asociación Amigos da Semana Santa de Ribadeo. E despois de cear seguiu a festa con música para bailar.

Exit mobile version