O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17:00 horas e o segundo ás 21:00 horas e fará paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05:00 e o outro ás 07:00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de 10 euros por persoa. A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ou a través do teléfono 676.44.54.65.