Site icon Crónica3.com A Mariña

XVII Xornadas de Historia Local organizadas pola Agrupación Cultural Francisco Lanza

 Ribadeo, 28 de xullo, 2019. A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza para as próximas cuarta e quinta feiras (mércores e xoves) desta semana as XVII Xornadas de Historia Local. Este ano o tema é a Heráldica, e, a través dela, imos achegarnos tamén á sociedade e economía do Ribadeo do pasado. Será Francisco Campos Dorado, estudoso deste tema, quen nos axudará a coñecer un pouco máis do que foi Ribadeo. Tamén a técnica de Turismo Begoña García nos acompañará nun percorrido pola vila para descubrir detalles de escudos que, ás veces, nos pasan desapercibidos.

Outra actividade habitual dos veráns é Palabras no balcón. Este ano as faixas que se penduran de balcóns do centro de Ribadeo conteñen cantigas populares recollidas por Antón Fraguas, persoeiro a quen se lle adican as Letras Galegas este ano.

Exit mobile version