Viveiro, 29 de xullo, 2019. Os días 1, 2, 3 y 4 de Agosto de 2019 terá lugar en Viveiro a 4º edición “XLI” Mostra Folkórica Internacional de Vivero, Festival integrado en CIOFF organismo pertencente á ONU-UNESCO con Status B, sendo este un importantísimo recoñecemento a nivel Internacional, pero tamén Nacional onde só hai 18 festivais con este recoñecemento, dos que só hai 3 en Galicia, sendo o noso de Viveiro o mais antigo.
Este ano haberá diversas actividades e Grupos moi especiais dos cales iremos dando información nos próximos días. Como anticipo, anúnciase a participación do “Gran Ballet Arxentino” o cal ademais de participar na Gran Gala Internacional do Domingo 4 de Agosto, realizará un gran espectáculo o Sábado 3 de Agosto ás 22:00h na Praza Maior de Viveiro. O Gran Ballet Arxentino, dirixido por Alejandro Miguel Tapia, e cun repertorio composto por obras de diferentes rexións, como A Pampa, O Litoral, A Pima, O Norte Cordobés, O Tango, entre outras, amosará con detalle, cada cal co seu vestiario, as súas danzas, as súas músicas e sons, o seu sentir, etc.
En días sucesivos coñeceremos máis grupos, internacionais e nacionais, que teremos presentes nesta edición Nº 41 da Mostra, así como información das distintas xornadas e exposicións que van ter lugar, como serán A Mostra Folklórica Infantil o Xoves 1 de Agosto ás 20:30h na Praza Maior, O Concerto de Música Folk Bágoas da Terra o Venres 2 de Agosto a las 22:30h na Praza Maior, O desfile das Nacións e Recepción Oficial o Sábado 3 de Agosto ás 12:30h, O mencionado Espectáculo do Gran Ballet Arxentino o Sábado 3 de Agosto ás 22:00h na Praza Maior así como A Gran Gala Internacional do Domingo 4 de Agosto ás 20:30h na Praza Maio