Site icon Crónica3.com A Mariña

Xavier Baixeras presenta en Foz o seu Dicionario da comida galega

Foz 3-7-19. A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o venres 5 de xullo ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega, nun acto no que tomaran a palabra os editores do mesmo Xan Carballa e Cesar Lorenzo e o seu autor Xavier Rodríguez Baixeras.

Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega é moito máis cun libro gastronómico, tratase dun traballo único e singular no espazo das culturas peninsulares que reúne por primeira vez nun mesmo volume, profusamente ilustrado, un esforzo de recuperación lingüística clave para unha cultura como a galega, até converterse nun grande manual de consulta tamén é un traballo diferente e de referencia para gorentarse cos sabores e os saberes, polo simple pracer da lectura e a evocación e que será de obrigada presenza en todas as entidades relacionadas coa cultura, a alimentación e a gastronomía.

O Dicionario da Comida Galega consta de máis de 1000 entradas sistematizadas alfabeticamente, con explicacións filolóxicas, alimentarias, científicas e literarias, 600 páxinas e 1500fotografías. Estamos diante dunha obra que alén do seu valor gastronómico significa un esforzo de recuperación lingüística clave para unha cultura como a galega, restaurando conceptos, explicándoos, situándoos no centro dunha realidade produtiva e gastronómica chea de referencias e de gran proxección cultural e económica, actuando como o trinque dos produtos propios do agro, a pesca e a industria da alimentación, que se converte nun baluarte e un impulsor dun sector que proxecta a imaxe e a economía galega no mundo.

O autor da obra é o noso conveciño Xavier Rodríguez Baixeras un dos máis grandes poetas galegos libros que con esta publicación volve a incursionar nun campo que lle é propio como o da gastronomía. Criado entre Ribadeo e Nois, adoita pasar as tempadas de verán no lugar dos seus ancestros, a Casa de Covas, téndolle dedicado ás terras de Foz e da Mariña algúns dos seus mellores poemas, recollidos en diversos poemairos. A máis disto Baixeras é socio de honra da Asociación Cultural A Pomba do Arco, sendo un colaborador habitual da actividade cultural no noso concello.

Exit mobile version