A entidade laranxa quere amosar o seu agradecemento aos clubs que amosaron o seu apoio para esta aprobación, permitindo que a Bomboneira siga sendo pista habitual de xogo esta tempada, a excepción dos partidos televisados. A LNFS visitará nos vindeiros días as instalacións de Viveiro para valorar se cumpren os requisitos televisivos.
Xornada 1
Aspil Jumpers Ribera Navarra – Movistar Inter
Jimbee Cartagena – Barça
Fútbol Emotion Zaragoza – Peñíscola
Jaén Paraíso Interior – Viña Albali Valdepeñas
Palma Futsal – Levante UD
Córdoba Futsal – Osasuna Magna
Pescados Rubén Burela – Industrias Santa Coloma
O Parrulo Ferrol – ElPozo Murcia
Os pupilos de Juanma Marrube terán unhas saídas complicadas no inicio de calendario, cos desprazamentos á pista do Movistar Inter, ElPozo Murcia e Barcelona nas xornadas 4, 6 e 8. O primeiro derbi irmandiño con O Parrulo Ferrol tamén será a docimicilio, na xornada 10, o 23 de novembro. Coa chegada do Nadal, o 21 de decembro, o Pescados Rubén pechará a primeira volta, de novo na casa, con Jimbee Cartagena FS.
Para a segunda volta, que se clausurará o 2 de maio, a Bomboneira cobrará protagonismo, acollendo aos tres grandes, entre o 21 de xaneiro e o 29 de febreiro, e o duelo galego, o 21 de marzo.