A cita deu comezo cun contacontos orientado aos rapaces co obxectivo de ensinarlles que coa compra local “gañamos todos e conseguiremos un futuro mellor”. Os asistentes tamén gozaron dun taller de debuxo no que elaboraron carteis para incentivar as compras no pequeno comercio de Ribadeo. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “esas obras pasarán a ser propiedade de Acisa, que poderá empregalas nas campañas que se organicen desde a nosa asociación”. Desde Acisa fan un balance moi positivo desta experiencia.