Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de volei infantil de balde, organizado polo Colectivo Cultural Ollomao

 Barreiros, 31 de xullo, 2019. O vindeiro luns, día 5 de agosto, dará comezo na praia da Pasada de San Miguel de Reinante o curso infantil de volei-praia que o Colectivo Cultural Ollomao ofrece, de forma gratuíta, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. Serán 5 sesións de dúas horas de duración, desde as 11,30 até as 13,30, e poderase asistir a calquera delas, independentemente de ter participado ou non nas anteriores. Así, o curso como tal darase por rematado o venres 9 de agosto e terá como broche final a disputa, nesa mesma fin de semana, do I Torneo Infantil Praia da Pasada (sábado 10) e do XVI Torneo (sénior) Praia da Pasada (domingo 11), ambos abertos á participación de calquera persoa interesada.

O volei-praia ten sido, nos últimos 30 anos, unha actividade representativa da praia da Pasada, exercendo como axente dinamizador e cohesionadorinterxeracional, se ben recentemente a súa práctica ten disminuido, sendo un reducido número de persoas as que aínda continúan coa práctica habitual desta disciplina. Do interese dese grupo de xente por recuperar o valor que outrora tivo este deporte na praia da Pasada nace este proxecto, que Ollomao leva adiante, coa coordinación de Roberto Casas e baixo a dirección técnica de Guillermo Avendaño, xogador do Club Voleibol Emevé de Lugo, co que ven de acadar o ascenso á Superliga 1, máxima categoría do voleibol a nivel estatal.

Para máis información, 675407810.

Exit mobile version