Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta nocturna de Pasada das Cabras de San Cibrao a Burela

75 sendeiristas convocados por Pasada das Cabras realizaron este sábado a ruta nocturna San Cibrao-Burela. Nunha noite excelente para a práctica do sendeirismo, cunha temperatura moi agradable, chegaron a Burela aproximadamente ás 00:30 h despois de saír do parque Reina Sofia da Península da Paz ás 22:15 h. Nesta ocasión participaron un importante número de nenos aos que lles encantou a experiencia. A próxima camiñada no calendario de Pasada das Cabras é o 4 de agosto e será A Cazolga en Lourenzá, ruta que organizan os amigos de Terras de Lourenzá.

Exit mobile version