“O PP cumpre coa nosa vila, neste caso cunha inversión de máis de 70.000 euros na mellora desta importante infraestrutura”, indica Manuel Rouco. E é que este investimento mellorará considerablemente non só a espera dos usuarios que empregan o servizo de transporte público da Mariña, que permite que un autobús faga parada en Burela cada dúas horas percorrendo a comarca de punta a punta, senón tamén o das empresas concesionarias do mesmo.
Nesta visita, a Agrupación Local do Partido Popular fíxolle diversas solicitudes á conselleira; todas elas realistas e necesarias para o desenvolvemento do municipio que, segundo indicou, pouco a pouco irán tomando forma.
“Forma axeitada de investir”
“Esta é a forma axeitada de investir nas comunicacións da comarca e non o que aconteceu este mesmo fin de semana, sen ir máis lonxe, co lamentable servizo prestado no transporte ferroviario nuns días no que era máis que previsible, debido á acumulación de grandes festas que tivo lugar, unha máxima actividade do transporte público”. É por este motivo, polo que engade: “non sei se agora o alcalde en funcións de Burela, e Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, ten algo que dicir ao respecto ou se só se queixa do transporte ferroviario cando é outra cor política a que está situada na Moncloa”.