Site icon Crónica3.com A Mariña

Román Rodríguez salienta o carácter internacional do Resurrection fFst ao recibir asistentes de 44 países

 Viveiro, 6 de xullo de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou o carácter internacional do Resurrection Fest, ao recibir visitantes de 44 países e tendo en conta que o 56% dos asistentes son de fóra de Galicia.

Así o avanzou o representante da Xunta na súa visita esta tarde ao festival que hoxe pecha a súa 14ª edición e no que o Goberno galego está presente a través de FEST Galicia, a marca coa que está a promover o turismo musical sustentable e de calidade e que este ano se desenvolve co lema Festivais que fan camiño.

Para esta nova edición de FEST Galicia, deseñouse un espazo de difusión renovado e versátil que actúa como epicentro dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental, que no caso concreto do Resurrection están sendo impulsadas a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo, que coordina todas as accións.

Ademais, a marca da Xunta tamén lle dá soporte ao Chaos Stage, o escenario que acolleu as actuacións dos grupos gañadores do concurso RF Band Contest 2019 by FEST Galicia.

Exit mobile version