Site icon Crónica3.com A Mariña

Reserva de prazas na escola laranxa 2019-20

 Burela, 29 de xullo, 2019. Os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2019-20 a partir de mañá, martes 6, nas categorías de Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05).
Estableceranse dous períodos de matrícula con prioridade para aqueles nen@s que formaron parte da escola o curso pasado e teñen feita a preinscrición.
Confirmación de praza: Do martes 30 de xullo ao luns 5 de agosto; só para o alumnado preinscrito.
Novas inscricións, con prazas limitadas: Do martes 6 ao venres 30 de agosto, destinada a alumnado novo.
A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org//burelafs@burelafs.org. Como novidade haberá a posibilidade de facer todo a través dunha APP da que se poderán informar con máis detalle a través de mail ou por vía telefónica (982581815).
Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas:
Chupete
Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 35 euros (Total: 120 euros)
Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros)
Biberón
Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros)
Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros)
Prebenxamín-Benxamín
Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros)
Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 80 euros (Total: 210 euros)

Alevín-Infantil-Cadete
Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 72,5 euros (Total: 195 euros)
Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 105 euros (Total: 260 euros)
Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo:
De Biberón a Cadete (165 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos) e chaquetón.
Chupete (55 €): Nesta categoría o alumnado tan só deberá adquirir a roupa de adestramento.
As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.
Horario de atención ao público
De luns a venres: 9.00-14.00 horas

Exit mobile version