Seran dúas visitas diarias, todos os días agás os domingos, unha ás 11,00 h e outra ás 17,00 h, e a súa duración será de dúas horas. A cada visitante cobraráselle 5 €, que se lle descontarán en calquera compra que se realice na tenda de Regalxunqueira (os nenos menores de 10 anos, terán entrada gratuíta). Pódese facer a reserva na Oficina de Turismo de Viveiro, na tenda de Regal de Viveiro, na Praza Fontenova ou ben a través do correo: cerámica@oteroregal.com, ou do teléfono 982 56 25 89.