A Festa acuática na praia de Portocelo será este domingo 4 de agosto, a partires das 16:00 horas, con xogos para nenos/as e rapaces/as. Trátase da terceira edición dunha festa que contou cun gran éxito nas edicións pasadas. Haberá inchables, kayaks, etc, cada un deles cun monitor que controlará o acceso a cada xogo e a seguridade do mesmo. Trátase dunha actividade totalmente gratuita. Dentro do apartado “Móvete no Verán”, estanse a celebrar os Kangoo Jumps. Esta actividade comezou o pasado 5 de xullo e vai ter continuidade ata o 16 de agosto.
Programa Verán Xove
Programa Verán Xove
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia