Site icon Crónica3.com A Mariña

Primera marcha contra o cancro de Foz

 Foz, a 07 de xullo de 2019. Dende a Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro unha vez mais queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, mais de cento cincuenta dende os mais pequenos hasta os mais maiores, que estiveron presentes na primeira andaina que se fai en Foz de firme apoio os enfermos de cancro. Estamos convencidos que o éxito de este esforzo cheo de solidariedade vai ser o principal impulso que sempre fará que ningún enfermo de cancro se sinta só.
Por elo, para nosoutros este sete de xullo é un día especial, foi un día que os nosos amigos do Clube de Montañismo Os Sendeiros de Foz fixeron realidade a organización de esta andaina. Unha asociación local mais, que se suma o proxecto da Asociación Española Contra o Cancro e toma conciencia do que supón para os enfermos de cancro ter en A Mariña servicios gratuítos de apoio psicolóxico, traballadora social, equipo de voluntariado no hospital e para os desprazados a Lugo o a outras localidades de España, residencias e albergues totalmente gratuítos para os enfermos e familiares.
Todo isto foi posible tamén gracias o apoio e colaboración do Concello de Foz, Policía Local, Protección Civil e a axuda dos medios de comunicación que aportan o seu apoio publicando os nosos eventos. Entendemos que gracias a estes últimos moitos enfermos de cancro sentiron o noso apoio e esa sensación de calor de quenes temos como obxectivo axudarlles.
Dende a satisfacción que da recibir este apoio, moitas gracias a todos.

José Ramón Couto Dorado
Delegación Local de Foz da AECC

Exit mobile version