Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiro mércores de natureza do verán 2019 no Vicedo

O Vicedo 1-7-19. Comezan as actividades de verán no Concello do Vicedo co primeiro dos mércores de natureza, unhas actividades que se celebran todos os mércores de xullo e agosto e que tratan de mostrar a nosa natureza desde diferentes puntos de vista, ben sexa en sendeirismo, ben en rutas en kayaks, ben mixtas ou mesmo rutas máis específicas como as xeolóxicas, que haberá 2 por primeira vez neste concello (unha en xullo e outra en agosto).

Este mércores é a actividade de presentación cun paseo en kayaks e/ou
táboas de paddle SUP. Será ás 17h na praia de Abrela, está destinada a
maiores de 12 anos e terá un prezo especial de 10 € por persoa como
presentación dos mércores de natureza . En función do estado do mar
percorrerase a costa da praia de Abrela durante 2 horas. Anotacións no
982 59 01 95.

Exit mobile version