Viveiro, 24 de xullo de 2019. Este mércores tivo lugar a presentación da cuarta edición edición do festival de música electrónica ETHER: An Electronic Odyssey, que se celebrará nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro o sábado 27 de xullo.
Como principal novedad para esta edición incorpórase unha zona de foodtrucks e otra de picnic, para que os asistentes poidan disfrutar nun espazo público e de libre acceso non só de música, senón tamén dunha gastronomía variada.
Ademais, a clara aposta por un cartel máis completo respecto á edición anterior en canto a artistas e variedade de estilos musicales se refiere, sitúa a Ether – An Electronic Odyssey como un festival de música electrónica referente en Galicia.
A oferta cultural que ofrece Ether 2019 divídese en dous grupos: os Etherkids durante o día e o festival de noite. Os Etherkids abren o festival ás 12:00 do mediodía. Nestas actividades os niños disfrutarán de actividades de ocio infantil nas que se promove unha conducta creativa a través de novos contextos coa música electrónica como protagonista. A continuación terá lugar a sesión vermú amenizada por Santy Le Funke, quen brindará unha sesión de House, Disco e Funk do máis bailonga.
A partir de media tarde poderase disfrutar do festival de noite con artistas nacionais e internacionais da escena electrónica. Para facer da pista de baile unha FESTA en maiúsculas, o escenario estará capitaneado por dous grandes: unha das Djs e productoras con máis proxección internacional da escena electrónica europea: a holandesa Lilly Palmer, e o brasileño Vinicius Honorio, un dos novos talentos apadriñados polo selo Drumcode de Adam Beyer. Completando o line-up estarán o barcelonés SPFZ, un Dj moi respetado na cidade condal e apoiado polo selo Suara; Blackpanda, a banda revelación da escea electrónica de Madrid; e os Djs locais Karras Martínez, Llonas e Cessabit.
Ether: An Electronic Odyssey é un festival único onde poder disfrutar non só da música electrónica de máis alto nivel, senón tamén da naturaleza, ocio e vida social que ofrece este municipio; un festival que conta co apoio deste concello dende os seus inicios, co que se colabora economicamente e mediante recursos humanos e materiais.