O destino de José Antonio Capón Lamas, coñecido como Porto, navegará entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén en aras da boa relación que une a ambas as entidades. O ala lugués defenderá a elástica do equipo coruñés en Segunda LNFS a próxima tempada e xa selou tamén o acordo que o manterá vinculado á Familia Laranxa entre 2020 e 2022. Porto chegou á escuadra mariñá en 2018 desde o Prone Lugo, co 7 ás costas e avalado pola denominación de orixe galega, con mocidade e proxección, ademais de experiencia na categoría. Con 23 partidos de liga disputados nas filas laranxas, agora ao lugués, de tan só 22 anos, preséntaselle un novo reto en Segunda no que seguir medrando.
Porto, mocidade e proxección entre Noia e Burela
Porto, mocidade e proxección entre Noia e Burela
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia