Burela 7-7-19. O vindeiro 20 de xullo, seguindo a programación anual, a Asociación de Sendeirismo Pasada dás Cabras de Burela realizará o roteiro nocturno de San Cibrao a Burela.
A Directiva ten o costume de facer unha comprobación “previa” , para asegurarse do estado de limpeza e dificultades que presenta o roteiro e así garantir, na medida do posible, a integridade física dos participantes, unha media de 100 camiñantes os últimos anos.
Un ano máis comprobouse que a maleza invade nalgúns treitos máis da metade do Camiño Natural do Roteiro do Cantábrico.
A asociaicón descoñece de quen é a responsabilidade de mantela transitable, pero cre que é unha pésima publicidade para este roteiro, xa que cada día son máis os camiñantes que o percorren. É tan importante o mantemento do mesmo como o sinalizado inicial.
Unha curiosidade: o traxecto que transcorre polo concello de Burela está en perfecto estado, pero ao pasar a praia da Marosa a maleza campa ás súas anchas.