Estes efectivos mantiveron esta mesma mañá outra xuntanza coa alcaldesa para trasladarlle novamente esta cuestión, que vén motivada pola modificación do acordo ao que chegaron co coordinador nas horas extras pactadas inicialmente, e que obrigou ao servizo a pechar un total de 6 das 13 praias coas que conta este concello, deixando a algún compañeiro sen apoio.
A maiores, tamén trasladaron á nacionalista que carecen dos medios necesarios despois de tres semanas de traballo, e tampouco teñen casetos donde realizar curas e refuxiarse, así como agua corriente.
Os profesionais afectados, segundo lle trasladaron ao PP, non se senten “apoiados nin polo coordinador do servizo, nin pola alcaldesa, e vense ante unha situación de total indefensión e que repercute nos bañistas”, polo que están barallando a posibilidade de renunciar ao contrato e presentar o recurso indicado anteriormente.
O PP, cos socorristas
O popular faise eco así das demandas destes “excelentes profesionais” e pídelle ao goberno local “que exerza a súa responsabilidade, pois ser alcalde non só é sentarse, senón que é gobernar e xestionar”. Fuente Parga traslada publicamente o apoio persoal e do grupo que dirixe a estes efectivos e manifesta que “isto nunca pasou en Barreiros”. “O Concello sempre fixo unha xestión correcta deste servizo que é tan necesario nesta época”, remarca.