Madrid, 22 de xullo, 2019. Así o manifestan en relación ao debate de investidura no que “Sánchez non citou a Galicia nin unha soa vez: nin unha soa palabra sobre pesca e sobre agricultura, só nomeala. Moito Plan Estatal, Acordo Marco, Estatuto…; pero nada de medidas concretas. Foi un discurso descritivo dunha situación, pero nada propositivo”. Polo tanto, consideran que o socialista pronunciou un “discurso baleiro de contido”. É máis, sinalan que “fixo seus os éxitos logrados por España co Goberno de Rajoy en materia de pensións, crecemento, déficit, emprego, etc”. Así, os populares lucenses consideran que Sánchez “estivo plano e non foi capaz de transmitir ilusión nin aos seus”.