Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro sábado día 6 de xullo, a Asociación Cultural Amado Lar do Valadouro organiza a que será a súa cuarta foliada

 O Valadouro 2-7-19. Este sábado día 6 de xullo, a Asociación Cultural Amado Lar do Valadouro organiza a que será a súa cuarta foliada.
A cita será na explanada do Parque Concepción Arenal, a carón do edificio municipal do antigo matadoiro.
A partires das 18:00h contarán cun obradoiro de monicreques e a continuación terá lugar o espectáculo de marionetas “Antolín o Bailarín e “Raio the Loubicán”, a cargo de Ton Arenas de Mondoñedo, todo isto incluído no Programa Promoción da Artesanía 2019 da Deputación de Lugo.
A partires das 20:00h dará comezo a Foliada, con tres grupos participantes, As Grileiras da SRC Ledicia de Burela, a Asociación Xuvenil Entre Lusco e Fusco de Vilalba (actuación promovida pola Deputación de Lugo dentro do programa Musiqueando Pola Provincia de Lugo), e por último participarán tamén os diferentes grupos cos que conta a A.C. Amado Lar.
Haberá comida e bebida a prezos populares, e moita festa para todos os que se queiran achegar ese día ó Valadouro.
A partires das 00:00h foliada libre para todos os que queiran participar.
A Asociación Cultural Amado Lar agradece a colaboración do Concello do Valadouro, Concellería de Cultura, Deputación de Lugo, e de todas as persoas que dun xeito ou de outro axudan para que dito evento se poda realizar.

Exit mobile version