Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reclámalle a socialistas e nacionalistas que dean a coñecer o seu proxecto para a provincia

Lugo, 12 de xullo, 2019. O Grupo Provincial do PP reclámalle a socialistas e nacionalistas que dean a coñecer o seu proxecto para a provincia. Os populares trasladan esta demanda despois de facerse público a través dos medios de comunicación que PSOE e BNG veñen de manter unha reunión para formar un goberno de coalición para os vindeiros 4 anos.

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, afirma que “os veciños e veciñas deben coñecer o proxecto de provincia que van levar a cabo, máis cando os dous partidos políticos con representación na institución provincial rexeitaron coñecer o programa que tiñamos para executar”.

A voceira explica que lles fixo chegar sendas cartas aos responsables do PSOE e do BNG para expoñerlle o seu proxecto, ofrecendo traballo e compromiso e ninguén quixo sentarse para coñecelo, polo que, precisa “entendemos que contan con un propio que deberan facer público canto antes en aras á transparencia”.

A popular considera que a convulsión que vive o PSOE, na que cada día os seus membros polemizan publicamente pola loita de poder, os veciños e veciñas merecen coñecer todos os detalles das persoas que van levar as rendas da Deputación de Lugo e os proxectos e accións que porán en marcha polo avance da provincia.

O proxecto do PP sólido e comprometido
O proxecto do PP estaba baseado en buscar a colaboración institucional entre as administracións, como un mecanismo de progreso. A acción de goberno para os vindeiros catro anos ía estar centrada en potenciar os servizos sociais, o emprego e desenvolvemento do sectores produtivos, a xuventude e a infancia, avanzar no reto demográfico, a mellora das infraestruturas ou a posta en valor do potencial mediambiental, cultural e turístico do que dispón a provincia.

Exit mobile version