“A piscina está sucia. Non a baleiraron e non dan desfeito esta suciedade nin con produtos químicos. Por iso non esta aberta. Que non lle boten a culpa a ninguén. Se non fan o que teñen que facer, é responsabilidade deles”, remarca.
Requeijo atribúe esta situación “ao que xa nos ten acostumados o alcalde, que é a todo menos a traballar con eficacia”. E é que, remarca, o mantemento e a xestión destas instalacións depende única e exclusivamente da entidade local.
Así llo traslada a voceira do PP ao rexedor nun escrito que vén de rexistrar no Concello, co fin de que subsane a situación, pois “ten ao socorrista mirando para o aire por non actuar como se debe”.
“Cando menos, esta é unha situación preocupante, pois dende logo a culpa é só do Concello, xa que se temos un profesional é grazas a colaboración do Goberno autonómico”. Neste senso, critica “o desleixo” do equipo de goberno, sobre todo, cando este conta con tres dedicacións parciais e, por tanto, con edís suficientes a soldo, “que ben poderían ter solucionado esta cuestión”. “Teñen tres salarios e nin son capaces de abrir a piscina. Esta á realidade que temos en Muras”, sentencia.