Jacobo Amoedo Lorenzo formará parte do Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada. Aos seus 26 anos, o pivote galego regresa ao fútbol sala español, sendo a súa primeira experiencia en Primeira LNFS, logo de tres exercicios en Italia. Axed Groupo Latina, da Serie A, foi o destindo do xogador zurdo de Pazos de Borbén en 2016-17 desde o Bembrive de Segunda B. En 2017 ascendeu á Serie A1, onde militou con Meta Catania nas dúas últimas campañas, equipo co que finalizou contrato onte.
O pivote Jacobo Amoedo, reforzo laranxa
O pivote Jacobo Amoedo, reforzo laranxa
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo