Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Foz tacha de goberno veleta ao bipartito e instao neste pleno a que inicie o expediente para rebaixar o IBI tal e como prometeron na campaña electoral para que entre en vigor no próximo ano 2020

Foz, 29 de Xullo, 2019. O Partido Popular de Foz tacha de goberno veleta ao bipartito e instao neste pleno a que inicie o expediente para rebaixar o IBI tal e como prometeron na campaña electoral para que entre en vigor no próximo ano 2020 .
O Partido Popular de Foz no pleno ordinario do mes de xullo insta ao goberno bipartito a que comece a cumprir o seu programa económico no inicio da lexislatura e reduza o IBI tal e como sempre defendeu nestes últimos anos, agora que teñen a maioría suficiente para poder facelo.
O portavoz municipal do PP recórdalle aos socialistas “….que nestes 8 últimos anos sempre defenderon a rebaixa do IBI ata o 0,40; considerando insuficiente a feita no seu dia polo goberno popular que a pasou do 0,60 ao 0,52 actual, e con elo cumpran o seu propio programa electoral e así poder recuperar a credibilidade perdida nestes 45 días polos seus múltiples cambios de opión…”
O Partido Popular recórdalle a Cajoto que “….dende que está gobernando contradixese reiteradamente enganando con elo aos veciños de Foz de forma indiscriminada. Cambiaron de opinión respecto as dedicacións parciais que agora aceptan e antes negaban, cambiaron de opinión varias veces nos últimos anos respecto á peonalización da Avda da Mariña, cambiaron de opinión respecto ÁS ACAMPADAS do Prado de Ramos que agora NON PERMITEN, tamén parece que cambian de opinión respecto á municipalización da auga da que xa dubidan e temémonos que coa rebaixa do IBI que levaban no programa pase o mesmo e sexa o quinto cambio de parecer en menos de mes e medio de goberno..”
“…O Psoe e o Bng de Foz polemizaron na campaña electoral contra o Partido Popular e prometeron rebaixar a contribución para compensar o que eles denominaron o “catastrazo”, criticaron fortemente a posición do anterior goberno; que tivo que actualizar os valores catastrais a instancia da Dirección Xeral do Catastro posto que eran os máis baixos da provincia e dado que o anterior goberno socialista negarase a actualizalos en 16 anos como fixeran a maior parte dos Concellos do Estado e tal e como obrigaba a lei que rixe o propio catastro.”
Remata Castiñeira, xustificando esta moción “…porque dudamos das promesas feitas en campaña polo Bipartito que se convirteu un GOBERNO VELETA e intuímos que retrasarán a rebaixa ata pouco antes de que remate a lexislatura buscando novamente rédito electoral ainda que iso signifique unha falta de respeto a todos os focenses sen parangón algún. Polo contrario se idea é beneficiar aos focenses e que o noten inmediatamente , é necesario que se inicien os trámites e se cambie a ordenanza antes do remate do 2019 e así entre en vigor no 2020.”

Exit mobile version