Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Foz recriminou ao novo goberno bipartito do Psoe-Bng o seu dobre raseiro ao tratar as dedicacións exclusivas e parciais

Foz 5-7-19. O Partido Popular recriminou onte ao novo goberno bipartito do Psoe-Bng o seu dobre raseiro ao tratar as dedicacións exclusivas e parciais que propuxeron no Pleno de onte…” Vostedes cando estiveron na oposición negaban indiscriminamente a dedicación parcial que solicitaba o Partido Popular nestas 2 lexislaturas en minoria con so 5 concelleiros no goberno, alegando daquela o Portavoz do Psoe que “…historicamente nunca as houbera e que eran os funcionarios os que debían ser os que resolvesen o dia a dia..”, así o puido testemuñar o portavoz popular Javier Castiñeira cando leu textualmente a acta do pleno de organización de xuño do 2015 onde Psoe e Bng negaron a solicitada polo PP.

Agora o bipartito de esquerdas con 9 concelleiros muda a súa opinión que incluso era máis ambiciosa antes do pleno cando pretendía ampliar a 2 as dedicacións parciais aparte da do Alcalde (unha para a concelleira do psoe Inés López e outra para o portavoz do Bng, a do Sr Fanego) quedando aprobada a prosposta definitiva de dedicación parcial da Concelleira socialista ao renunciar dias antes o voceiro nacionalista por non convirlle co seu traballo en Alcoa tal e como explicou no propio pleno.

Castiñeira afeou ao bipartito o seu primeiro pleno cando afirmou “..coa idea inicial de ter dúas dedicacións parciais demostra a súa ineptitude respecto ao anterior goberno, dado que pretendían duplicar o custe do goberno aínda tendo o dobre de Concelleiros…” , “…chámanos tamén a atención que Sr Villamil concelleiro nacionalista e que onte non asistiu ao pleno, non forme parte do bipartito o que para o Partido Popular é unha clara mostra da división existente no Bng de Foz respecto á opinión de entrar no goberno cos socialistas, que xa nunha ocasión resultou ser nefasta cando apoiaron a Sr Ribera no seu primeiro mandato….”

Consideramos taménde lamentables as xustificacións pésimas do Alcalde na réplica , que argumentou a dedicación parcial da súa concelleira “…porque non teñen no goberno un xubilado que poda adicar o seu tempo como tiña o Partido Popular…”, a pesar de ser o dobre de concelleiros.
por outro lado quedou demostrado coa abstención as dedicacións de FPF; diferente ao que fixo hai 4 anos que votou en contra, que o Partido Popular será o único que exerza a oposición ao bipartito e tampouco nos extraña esta actitude do portavoz independente , totalmente sumisa aos intereses do actual goberno, posto que no pleno de investidura apoiou o actual goberno.

A pesar diso o Partido a Popular por coherencia co que sempre opinou votou a favor das dedicacións e alagou o duro traballo realizado polos concelleiros do anterior goberno en minoría, sin dedicacións parciais que negaron psoe- bng e plataforma no seu día.

Exit mobile version