Tal e como anunciara en días pasados Elena Candia, de pedir “coherencia e proporcionalidade” aos dirixentes provinciais á hora de chegar a un acordo favorable na sesión de hoxe por parte do grupo que dirixe e representa, e dado que este se cumpriu, a voceira do PP manifestou publicamente o seu compromiso coa provincia, advertindo que “traballaremos co mesmo talante, aportando de maneira construtiva e insistindo neste nivel de esixencia”, pois a acción de goberno neste novo ciclo político, apuntou, “require un gran traballo”.
A este respecto, informou de que o PP contará con tres viceportavocías, que pasarán a estar ocupadas, por esta orde, polos deputados Javier Castiñeira, Agustín Baamonde e José Antonio García. “Entre os catro, distribuiremos as áreas de goberno para facer un intenso control e fiscalización, xa que este goberno conta con medios sen precedentes nesta institución para facer un bo traballo”, remarcou.