O Valadouro 5-7-10. Os edís socialistas non tendo nada que esconder manifestan que as primeiras pretensións do BNG nas negociacións eran repartirse as 2 dedicacións que por lei lle corresponden o goberno do Valadouro a partes iguais, sendo a cifra de 40.000 euros para cada grupo, algo na que os concelleiros socialistas se opuxeron desde un principio, rebaixando as cifras ata os 30.000 euros por grupo xa que o edil Eduardo Chao solicitaba unha dedicación exclusiva para poder atender as súas áreas de goberno, mentres que Eliseo Teijeiro tería unha dedicación do 20% con 8000 euros, a disposición de Eduardo Chao a solicitar unha dedicación exclusiva xa era coñecida tras una publicación feita polo diario “ El Progreso” con anterioridade o comezo das negociacións entre ambos grupos. Os socialistas amosan que o seu desacordo foi no momento en que o Edíl do BNG muda o día anterior o pleno de organización a súa dedicación de exclusiva a parcial do 50% pero mantendo os 22000 euros, algo que os obriga a convocar os seus socios, xa que como afirman consideran unha retribución esaxerada para unha dedicación parcial, algo que lle fan chegar os edís do BNG en dita reunión, non sendo ata o día seguinte que reciben a contestación do BNG que collería unha dedicación do 70% para Chao, algo que muda o pouco tempo con outra chamada rebaixando as cifras a 15.000. Tras os feitos os concelleiros do goberno do Valadouro manifestan que decidiron dar conta o pleno das áreas de goberno e someter a votación a xunta de goberno local dando cumprimento o pacto de goberno que hai firmado co BNG, e loxicamente apartando as retribucións a espera de aclarar as dubidas xurdidas co edíl frontista, un pleno no que os edís aceptan as súas áreas de goberno e ser nomeados tenentes de alcalde pero ca súa abstención impiden a creación da xunta de goberno da que eles formaban parte. Mentres o edíl do BNG acusa os socialistas de non querelo no goberno, estes vense obrigados a recordarlle que o despacho que él solicitou na casa consistorial estaba a súa disposición desde os primeiros días de goberno. Os socialistas aclaran que o cesamento das súas competencias foi algo o que se viron forzados, xa que o día seguinte do pleno os edís nacionalistas chamaron a varios traballadores para informalos de que non se facían cargo das áreas, isto foi o que propiciou o cesamento das súas funcións, os agora xa concelleiros do goberno en minoría aseguran que o que fixeron foi primar o funcionamento do concello ante calquer interese político, económico ou persoal.