A vicevoceira popular e concelleira do PP da área de Medio Ambiente, Elena Sierra, sinala que “a poucos días da celebración da xira en Santa Cruz e nun punto que visitan moitas familias nos atopamos coa deixadez por parte do Goberno local do BNG”; xa que a herba está sen cortar e fai impracticables as visitas á zona. Máis concretamente, a popular indica que se trata dunha “responsabilidade do concelleiro de Medio Ambiente que, aínda por riba –lamenta-, conta cunha dedicación exclusiva que percibe do Concello”.
Os populares cren que “esta non é a forma de que Ribadeo se manteña como municipio turístico”.