Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal do Partido Popular de Foz agradece a visita da Conselleira de educación ás obras do colexio nº 1 que esta realizando a Xunta a petición do anterior goberno municipal

Foz, 23 de Xullo, 2019. O grupo municipal do Partido Popular de Foz agradece a visita da conselleira de educación ás obras do colexio nº 1 que esta realizando a Xunta a petición do anterior goberno municipal.
O grupo municipal do Partido Popular de Foz, mostra a súa satisfacción polo comenzo das obras no colexio Nº1 que foron demandadas polo anterior goberno popular e que está realizando a Xunta de Galicia por valor de case un millón de euros e agradece a visita da Conselleira de Educación para revisar o avance dos mesmos.
Castiñeira subliña que “esta obra é unha realidade froito das conversacións que se tiveron en pasados meses co o Delegado da Xunta, despois de vir de anunciar novas inversións no IES de Foz, propuxemoslle ao Sr Balseiro esta reforma integral do Colexio N1 que era moi demandad pola comunidade educativa do centro”
Engadiu o portavoz popular, “Semanas despois a Consellería encargou o proxecto e púxose a traballar co Concello de Foz e a dirección do centro para analizar as necesidades, unha vez dado ese paso a propia Xunta de Galicia decide financiar esta obra co Remanente de outros exercicios, Licitala e contratala en tempo exprés para que as obras se puidesen facer en verán tal e como puidemos comprobar no día de hoxe”
Rematou Castiñeira, acompañando aos responsable da Consellería de Educación na súa visita as obras dicindo que “Todas estas xestións son unha clara mostra da aposta da Xunta de Galicia por este Concello e do bo traballo conxunto feito entre o anterior goberno municipal e o ente autonómico e que se transformou en inversións moi importantes nestes últimos anos coma poder ser esta mesma mesma, a propia residencia de anciáns, o dragado da darsena, a oficina de turismo virtual, o museo de san Martiño, O convenio para a nova depuradora ou mesmo a humanización da Avda da Mariña que suman máis de 13 millóns de euros a parte de outras moitas inversións menores pero non menos importantes”

Exit mobile version