Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno de Foz saca adiante a súa estrutura de delegacións cun amplo respaldo da corporación

Foz, 3 de xullo de 2019.- O novo executivo municipal de Foz sacou adiante todos os puntos da orde do día no pleno de organización deste pasado xoves.
Cunha ampla maioría foron aprobadas a estrutura de delegacións do novo goberno, as dedicacións, a representación nos órganos colexiados e as comisións preceptivas.
A través da canle radiofónica municipal puido difundirse en vivo o acto cun novo goberno que tenta imprimir un novo talante de respeto, constructivo e que sume ao progreso do noso municipio.
Sabemos que costará desterrar da área de debate determinadas formas de entender a política como un enfrontamento constante e sen cortesías pero confìamos en que cunda a responsabilidade e os novos aires abran unha nova perspectiva na corporación municipal.
Ademais, queremos felicitar ao portavoz da oposición Javier Jorge Castiñeira pola nova oportunidade que lle brinda á política provincial.
Foz está en marcha, cun equipo de Goberno aberto, a pé de rúa, cumprindo xa os seus primeiros compromisos e traballando arreo para elevar o potencial deste gran pobo.

Exit mobile version