Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Barreiros insta á limpeza de fincas próximas a vivendas e núcleos

 Barreiros, 23 de xullo de 2019. A alcaldesa emitiu un bando para lembrar ás persoas propietarias de fincas próximas a vivendas ou núcleos a obriga de limpar de maleza, lixo ou outros elementos que xeren risco u insalubridade.
A estes efectos, outórgase un prazo de 15 días para levar a cabo ditas labores, advertindo de que se non se adecentan ditos terreos, o Concello executará o procedemento legalmente previsto, que contempla a posibilidade de interposición de multas de 1.000 a 10.000 euros, a execucións subsidiaria ou calquera outra medida das recollidas na lexislación aplicable.
Ana Ermida explica que se trata “dunha medida que leva anos contemplada na lexislación galega e que se debe aplicar igualitariamente para tratar de que o noso concello amose unha imaxe o máis limpa e ordenada posible.”
Incide ademais de que “é una cuestión de seguridade, xa que as fincas sen limpar son un perigo a efectos de incendios ou mesmo de animais que poidan vivir nelas e chegar a vivendas próximas.”
Desde o goberno local manifestan que a intención do bando é tratar de que a xente execute por si mesma estas limpezas, sen necesidade de ter que avanzar no procedemento. Porén advirten que “a limpeza pública e a seguridade de inmobles e persoas son obxectivos fundamentais deste goberno municipal, polo que executaremos as medidas que sexan necesarias para a consecución dun concello limpo e en condicións de salubridade.”

Exit mobile version