As obras foron adxudicadas por un valor de preto de 95.000 euros, supoñendo un aforro duns 29.000 euros con respecto ao prezo de licitación. As obras, que consisten na mellora e reposición do firme dun total de 1,2 quilómetros, executaranse en:
– 200 metros da Travesía da Mariña á Avenida Mondoñedo, tamén coñecido como o Cantón, que discorre por diante da praza principal de Lourenzá.
– 135 metros da Avenida Calvo Sotelo, que transcorre por diante dun grupo de vivendas sociais e vai cara a costa da Mariña.
– 235 metros da rúa Secretario Luís Iglesias a Carlos Peregrín Otero. É a estrada que comunica co recinto da Feira de Mercado Rural Gandeiro.
– 300 metros do Camiño de Maderne, na zona rural do Norte do Concello de Lourenzá, que dá saída cara á localidade da Casolga.
– 400 metros no núcleo rural de Veiga de Santo Adrao, na zona Sur do municipio e que presta servizo á Parroquia de San Adrao.