Viveiro, 24 de xullo de 2019. Con respecto á noticia aparecida na prensa no día de hoxe relativa á plaga de gusanos detectada no casco histórico de Viveiro, quérese deixar claro que este concello xa era coñecedor desta situación dende hai uns dias e estiveronse a facer as xestións necesarias para poñerlle solución; de feito, tal e como se comunicou en días pasados aos veciños afectados, a empresa contratada polo concello para eliminar esta plaga vai vir a realizar estas tarefas o vindeiro luns, día 29,
Ante as declaracións que acusan a este concello de facer caso omiso ante esta situación, cómpre aclarar que en ningún momento houbo deixadez; por parte dos técnicos falouse cos veciños en diversas ocasións, aconsellándoos e explicándolles os trámites realizados; púxose esta situación en coñecemento de Sanidade e, tendo en conta que non foi posible determinar o foco nin o tipo de gusano, dende o Concello decidiuse asumir as labores de exterminación.
Polo tanto, para evitar a alarma da veciñanza, quérese deixar claro que dende o concello se tiña coñemento desta situación, que se estivo traballando no tema e que o próximo luns vai vir a exterminar a praga a empresa contratada para este fin.
Finalmente, ante as declaracións do grupo municipal do PP anunciando que van presentar un rogo para ser tratado no vindeiro pleno, solicitando que se adopten medidas ao respecto, considerase que ante unha situación deste tipo o que debe facerse en primeiro lugar é falar co equipo de goberno e non presentar un rogo para ser tratado nun pleno posterior. Neste caso o concello xa era coñecedor da situación e xa se adoptaran as medidas, pero ante un caso deste tipo o máis importante é avisar canto antes e non agardar para obter resposta nun pleno.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García