Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello, a través da Concellería de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres e a Oficina Municipal de Voluntariado, en colaboración coa organización, pon en marcha, por segundo ano, o dispositivo “PUNTO LILA RF 2019”, que ten como finalidade previr a violencia machista, acompañar, asistir e prestar apoio ás mulleres que sufrisen algún incidente deste tipo durante o festival

O “PUNTO LILA RF 2019” estará ubicado nun lugar visible dentro dos recintos do Resurrection Fest e será atendido por persoas voluntarias e varias asociacións, entre elas, a Asoc. FEMFORTE de Monforte e a Asoc. Feminista de Vilalba, con especial formación e sensibilización en materia de igualdade e xénero. O “PUNTO LILA RF 2019” estará en funcionamento dende o 3 ao 6 de xullo, ambos días incluídos. O horario de atención será o mércores de 17:00 a 2:00 horas, o xoves, venres e sábado de 16:00 a 4:00 horas.

Exit mobile version